Mañá domingo día 31 terá lugar, no circuíto do Polígono Industrial de Bértoa
(Carballo. A Coruña), o Campionato Galego de Campo a través Júnior, Promesa e Absoluto, individual e por equipos, tanto en homes como en mulleres. Os horarios son os seguintes: 11.00 horas, Júnior
mulleres (4.970 m); 11.40 Júnior homes (6.770 m); 12.15 Senior e Promesa homes (11.070 m) e 13.10 Senior e Promesa mulleres (7.170 m).
Clasificación para os Campionatos Nacionais
O Campionato Galego é clasificatorio para que os clubs galegos obteñan
praza para o Campionato Nacional de Clubs de Campo a través que se vai a disputar o próximo 21 de febreiro en Haro (Rioxa). Servirá, ademais, para configurar a selección galega que tomará parte no
Campionato Nacional individual e por Federacións que se celebrará o 7 de marzo na Coruña. O Campionato Galego é a proba atlética máis antiga das que se celebran en Galicia e remonta a súa
antigüidade ao ano 1916, sendo Vigo sede da primeira edición. Esta será a LXXV en homes e a XLIII en mulleres.
Atletas e ausencias destacadas.
Entre os máis de 300 participantes, hai que citar a ausencias do actual campeon Lolo Penas e do subcampión Pedro Nimo, este debido a unha lesión. Como candidatos á vitoria, a Robertas Geralavicius,
Carlos Villamor (Gimnastica) e Gustavo Pratas (Azkar). En mulleres prevese unha dura loita entre Marta Fernández, Soidade Castro, Sara Pérez (foron as tres primeiras o ano pasado) e Sandra
Mosquera. Todas estas atletas son do Comesaña, (salvo a céltica Sara) claro candidato ao triunfo por equipos
Atletas inscritos Parking Circuito – Acceso circuito Historial Campionato Reglamento Poster