25 N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Importancia e obxectivos


A importancia que ten a formación continua e permanente dos adestradores é determinante no futuro do noso deporte. A creación da Escola Galega de Adestradores é un paso cara a adiante e unha aposta firme da Federación Galega de Atletismo nunha área de vital importancia para o Atletismo galego e español. Os principais obxectivos da Escola resúmense en:

  • Crear un organismo que loite e vele polos dereitos e deberes dos técnicos afiliados.
  • Proporcionar a todos os técnicos de Atletismo unha formación continua e permanente relativa a distintos eidos das ciencias do deporte, fomentando o compromiso de actualización de coñecementos entre estes.
  • Formar novos técnicos en Atletismo.

En concordancia con estes obxectivos xeráis e dependendo dos recursos dispoñibles suscítanse os seguintes obxectivos operativos:

  • Organizar, programar e realizar cursos de formación de adestradores, monitores de Atletismo así como cursiños seminarios, congresos, debates, obradoiros, simposiums, etc., sobre o ensino, o adestramento e a promoción do Atletismo en distintos concellos de Galicia aos que se admitirán a outros profesionais
    vencellados co Atletismo en Galicia (médicos, psicólogos, fisioterapeutas,directivos, etc.)
  • Crear un censo de adestradores de Atletismo que exerzan no eido de Galicia.
  • Realizar publicacións e solicitar información sobre temática deportiva.
  • Loitar e velar polos dereitos e deberes dos técnicos afiliados, coa elaboración dun “carné do adestrador” co cal obteña beneficios e vantaxes nos servizos de distintas empresas.
  • Crear un regulamento con dereitos e deberes dos adestradores.
  • Crear un centro de documentación, información, asesoramento aberto a todos os adestradores afiliados que desexen ampliar os seus coñecementos sobre o Atletismo e materias afíns, mediante publicacións, intercambio de información, recopilación, creación dunha biblioteca deportiva.
  • Elaborar unha bolsa de traballo para os adestradores asociados a EGA co fin de ofrecer os seus servizos a diversas empresas ou institucións interesadas.
  • Colaborar na creación de proxectos referentes á promoción da cultura deportiva en proxectos comúns mediante convenios ou acordos con outras institucións ou organismos.
  • Establecer convenios de colaboración con diversos organismos e institucións deportivas para un mellor desenvolvemento das liñas de actuación da EGA.

Datos de contacto da EGA


Escola Galega de Adestradores
Federación Galega de Atletismo
Complexo Deportivo de Elviña
Avenida de Glasgow, 13
15008 A Coruña

+34 981 291 683
adestradores@atletismo.gal