Definición da Federación Galega de Atletismo
A Federación Galega de Atletismo, constituída o día 27 de marzo de 1921, é unha entidade asociativa privada que carece de ánimo de lucro, e que ten por obxecto, mediante a integración de Atletas, Adestradores, Técnicos, Xuíces, Clubs e outros colectivos interesados estatutariamente establecidos, que se adiquen á práctica do Atletismo, o fomento, o desenvolvemento e organización con carácter exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, onde ostenta, tamén con carácter exclusivo, a representación da RFEA e que ademáis das atribucións de seu exerce, por delegación, funcións públicas de carácter administrativo.
Funcións da Federación Galega de Atletismo
- A FGA ten como función propia fundamental a de promover, facilitar, planificar, administrar e dirixir, con carácter exclusivo, a práctica do Atletismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
- A FGA, desempeña, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control, coordinación e supervisión que lle recoñecen os seus Estatutos, as disposicións da RFEA, da IAAF e as normas legais de carácter deportivo.
- A FGA é a única competente, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para regulamentar, organizar, xestionar e controlar as competicións oficiais de Atletismo.
- A convocatoria das seleccións galegas de Atletismo e a desinación dos deportistas que as integren.
- Colaborar coas administracións públicas e coa Real Federación Española de Atletismo, así como as restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.
- Colaborar coa administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.
- De ser o caso, e conforme a normativa que sexa aplicable, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.
- Colaborar coa administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable.
Fundación, inicios, presidentes e disposicións preliminares da FGA
Acta fundacional e histórico de presidentes da FGA
Estrutura Organizativa da Federación Galega de Atletismo
Acordos dos Órganos de Goberno da Federación Galega de Atletismo
Acordos FGA 2007 – Actualidade
Máis Información Institucional
Normativa aplicable
Órganos de goberno e representación
Órganos complementarios
Órganos de funcionamento