25 N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Vantaxes de estar afiliado á Escola Galega de Adestradores


Os/as afiliados/as da EGA poderán gozar das seguintes vantaxes:

  • Participar nas actividades que desenvolva a EGA.
  • Participar nos cursos teóricos e prácticos que para a formación de técnicos deportivos e adestradores sexan convocados pola escola, previo cumprimento das condicións en cada caso.
  • Descontos nos cursos, congresos, seminarios, etc. que organice a EGA.
  • Descontos na compra de publicacións (libros, revistas, monografías, etc.) que edite a EGA.
  • Posibilidade de utilizar o servicio de préstamo de obras da biblioteca.
  • Recibir de balde a documentación relativa á información técnica que produza a EGA.
  • Inclusión dos seus datos persoais e currículo na bolsa de traballo da EGA.
  • Inclusión no censo galego de adestradores.
  • Expedición do carné de afiliado da EGA, o cal daralle beneficios e vantaxes en empresas asociadas.
  • Ter cuberto un seguro de responsabilidade civil e seguro deportivo obrigatorio
  • Poder ser convidado como adestrador oficial da Selección Galega.
  • Recibir anualmente o Ranking e Regulamentación da tempada.
  • Posibilidade de ter acceso a axudas económicas ou materiais da EGA.
  • Outros posteriores a esta normativa que se acorden no Consello Directivo da EGA.

Ligazóns relacionadas de interese


Regulamento da EGA
Inscrición