Bases do Plan Galego de Tecnificación Atlética (PGTA) correspondente a tempada 2022, a desenvolver pola Federación Galega de Atletismo. Este programa, que conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, só no programa do CGTD de Pontevedra xa que o resto é aportado polos propios fondos da FGA. A creación dos diferentes núcleos  do PGTA é voluntaria. Os interesados, clubs e adestradores/as, deberán solicitar a súa inclusión, sempre e cando cumpran as condicións indicadas. Os/as Atletas Galegos de Alto Nivel (DGAN) que, por diversas circunstancias, non formen parte dun NUSE recoñecido oficialmente, poderán solicitar axudas orzamentarias que faciliten as condicións de adestramento e competición.

PLAN GALEGO DE TECNIFICACIÓN 2022
Petición NUBA (Modelo)
Petición NUTA (Modelo)
Petición NUSE (Modelo)

As solicitudes á Xunta Directiva da FGA están abertas permanentemente durante cada tempada, pero á hora da toma de decisións terase en conta tamén a antigüedade do recoñecemento oficial.