Póliza Accidentes Federación Galega de Atletismo 2023


Póliza Accidentes Federación Galega de Atletismo 2023

Protocolo de actuación en caso de accidente 2023


Protocolo de actuación en caso de accidente Tempada 2023

Pasos a seguir polo accidentado:

1) Cumplimentar o Parte de Comunicación de Accidentes, que deberá ser asinado e selado pola Federación (solictiar o parte firmado a: secretaria@atletismo.gal)

2) Poñer en coñecemento da compañía aseguradora o accidente, chamando ao Centro de Atención 24 horas de MAPFRE, teléfono 918 366 224. O accidente debe ser comunicado inmediatamente despois da súa ocorrencia.

3) Na comunicación telefónica deberá facilitar a seguinte información:

  • Datos persoais do accidentado.
  • Datos do Club na que ocorre o sinistro.
  • Data e forma de ocorrencia.
  • Danos físicos.

Unha vez recollidos estes datos, o Centro de Atención facilitará o número de expediente, que deberá ser anotado no encabezado do Parte. O comunicante remitirá posteriormente o parte por fax a MAPFRE ao número 917 003 073 ou mediante correo electrónico á dirección: daper-mapgen@mapfre.com

4) O federado lesionado debe acudir ao Centro Médico concertado achegando o Parte de Comunicación de Accidentes debidamente cumprimentado. É imprescindible para recibir asistencia que conste o número de expediente.

TOMADOR: FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Nº PÓLIZA: 055-1980282796

Póliza Accidentes XOGADE (atletas de 6 a 16 anos) 2023

Pasos a seguir polo accidentado:

1. COMUNICAR no 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es
Precisará o Identificador que está no carné de Xogade
2. Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia.
3. ACUDIR ao centro médico indicado pola mútua.
4. Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para AUTORIZAR a xestión de datos.
5. Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.
Teñen 2 vías:
Correo: xogade@gerosalud.es
Plataforma: https://partesxogade.es
                                                                                                    +
A entidade (centro educativo, club ou federación) ten 7 días desde a lesión para CERTIFICAR na aplicación de Xogade https://inscricion-xogade.xunta.gal

Protocolo de actuación XOGADE (atletas de 6 a 16 anos) en caso de accidente 2023


Protocolo de actuación en caso de accidente Tempada 2023