Resultados

A Coruña 10:Os kenyanos Kirui e Cherono asinaron plusmarcas, Lolo Penas é Marta Fernándezcampións galegos e os inscritos foron case tres mil.

A organización correu a cargo da Federación de Atletismo, o Excmo Concello da Coruña e o patrocinio do Corte Inglés, disputouse a III Edición da Coruña 10 conxuntamente co Campionato Galego de 10 Km. en ruta.
Peter Kirui e Gladys Cherono, ambos de Kenia fixéronse co triunfo. Meter cun rexistro de 28.09 pulverizó o record da proba de edicións anteriores, o mesmo fixo o seu compatriota Gladis na categoría feminina que entró en meta marcando un corno de 34.10.
Campionato Galego
Como era de esperar Lolo Penas fíxose co titulo de Campión Galego da distancia cun bo crono de 29.01, sendo 5 na xeneral, o subcampeon Carlos Villamor con 30.26 e septimo na xeneral e o podium do campionato galego completouno Jesús de la Fuente con 30.28, logrando entrar 8 na xeneral.
En categoría feminina, o titulo foi para Marta Fernandez con 35.03 sendo a septima muller na xeneral, en segunda posición de campionato foi para Yolanda Gutierrez con 35.21 (8ª na xeneral) e con 36.11 cruzou a linea de meta Soledad Castro con 36.11 levando a medalla de bronce. Nesta categoría hai que destacar que as tres con compañeiras de Club do Comesaña Sporting Club de Vigo, o que vén demostrar o gran labor do club máis historia de Galicia. e su bo facer.
Ambiente
Preto de 3000 atletas eran os inscritos para todas as carreiras programadas. E a pesar de que a mañá amenceu con orballo, iso non foi obstáculo para que esta edición fose considerada un éxito pola organización . pois foron un total de 1649 os adultos que chegaron a meta, un total de 71 na carreira de 4 Km. e 90 os que tomaron a saída sobre unha distancia de 1200 metros . Como colofón foron os pitufos os que pecharon esta festa sobre 150 metros Resultados Gallego General Coruña 10General categoriasGeneral Menores 4 Km.General Menores 1,2 Km. FOTOS

Podes descargar o video da carreira a partir do mércores na web http://www.corriendovoy.com/evento.php?id=105

Cronicas de prensa: La Voz de Galicia La Opinión El Ideal Gallego

Compartir: