INSCRIPCION ESCOLAR
8.1.-INSCRICIÓNS. Para participar nesta xornada, deberase inscribir os participantes a través da seguinte direccion no formulario da páxina Web da delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á carreira.
Lembramos que a carreira popular San Xiao é tamén unha proba do XIII Circuito Ferrolán de Campo a Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que será requisito indispensable de cara a participación e puntuación no citado circuito, inscribir os nenos no programa www.deporteescolargalego.com
Asimesmo lembramos que no caso dos colexios, tal e como describe o art. 4 do presente regramento do XII circuito Ferrolán de Campo a Través, ademais de efectuar a inscripción de cada un dos participantes, deberase remitir un listado por categoría e sexo de todos os participantes de cada centro, que deberá estar asinado polo Director/a de cada centro; as oficinas do Patronato Municipal de deportes o máis tarde, o mércores anterior á xornada .