Resultados

Campionato Galego Absoluto: Lidia Parada, Mar Chillón, Carmen Escariz e Daniel Chamosa: Mellores marcas galegas

Ultima hora: Celebrouse nas instalacións de A Malata de Ferrol, o Campionato Galego Absoluto e o vento foi o protagonista de toda a xornada, xa que en todalas probas (excepto a de triplo mulleres) foi superior ao permitido.A outra gran protagonista foi a atleta do Barbanza, Lidia Parada que remata a tempada nun excelente estado de forma, como demostrou no lanzamento de xavelina ao lanzar 49,02 metros, acadando a medalla de oouro e mellorando a súa marca persoal das categorias junior e promesa.Destacou tamén o gran rexistro de José Manuel Vila que lanzou a xavelina a 72,68 metros, acercandose á súa mellor marca persoal de 73,14, sendo segundo Gustavo Dacal con 67,02 e terceiro Borja Barbeito con 66,51.Bo concurso en martelo, onde Isaac Vicente demostrou ou seu dominio nesta proba lanzando o artefacto a uns interesantes 68,56 metros,acompañoulle no podium Pablo Denis cun bo lanzamento de 65,14, sendo terceiro David Rocha con 54,95.Tamén destacou o cuarteto do Coruña Comarca, logrando o título nos 4×100 m.l. cun bo rexistro de 43.97.No trocante ás probas de fondo, no 5.000 m. l. Carlos Villamor con 14.47,.95 e Gustavo Nieves con 14.52.08 foron os únicos que baixaron dos 15 minutos.Bo campionato de David Gómez cunha marca de 14.78 en 110 valos, aínda que o vento foi favorable en 3,8 m/s. En marcha o junior Francisco Durán fíxose co titulo absoluto ao cruzar a meta en 45.46.62 nos 10.000 metros marcha..Destacar a Víctor Gallego que logrou o dobrete en peso e disco con boas marcas de 16,07 en peso, e 49,98 metros en disco. Dobrete tamén para ou velocista do Celta Atletismo Miguel Gómez nos100 e 200 metros con 10.88 e 22.0 e Nicolas Fernández en 1500 e 3000 Obs. con 4.12.50 e 9.39.56, Nos relevos de 4×100 ou Coruña Comarca estivo acompañado pola Gimnastica e Real Club Celta, sendo os 4×400 para o Celta, segundo San Fernando Lucus e terceira posición para Gimnastica de Pontevedra.
En canto ás mulleres Lidia Casal fíxose cos titulos de 100 e 200 con 12.31 e 24.57.A final de 400 foi dominada por Esperanza Caldas con 58.75. A dominadora do medio fondo foi Leticia Fernandez que fixo dobrete nos 800 e 1500 con 2.16.89 e 4.43.15.Nos 5.000 Erea Rodriguez foi a vencedora con 17.31.69 sendo acompañada por Yolanda Gutiérrez con 17.54.10 e a actual campioa mundial de cross na categoría W45, Soledad Castro con 18.40.59.Na proba de valados a gran favorita Virginia Villar con 13.83 amosou unha vez mais a súa superioridade, sendo Alba Fernández a vencedora de 400 valos con 1.05.61.Boa proba a dous 5.000 metros de marcha, onde Lorena Luaces amplía o seu palmarés e vence cun crono de 23.25.57, acompañáronlle Eva Iglesias con 23.39.64 e Rocio Carbia 23.13.05; sendo cuarta a cadete Mar Chillón que con 25.31.26 mellora a súa mellor marca galega da categoría.Sexta praza para a infantil Carmen Escariz cun bo rexistrode 26.28.71 En saltos Monserrat Rivero con 1,58 en altura;(mellor marca galega W35, como no triplo con 11,57 m.) Leticia Gil en lonxitude con 5,79,Sandra Carballo con 3,20 en pertiga e Lucía Pérez con 12,42 en triplo foron as vencedoras.En lanzamentos, Belén Toimil en peso con 12,87, Mercedes de Santalo en disco con 47,46, Noelia Ferradanes en martelo e a citada Lida Parada fixéronse cos respectivos títulos.Nos relevos foron para Ría Ferrol en 4×100 cun bo crono de 49.30,logrando ou Ourense Academia Postal o 4×400 con 4.09.95.A Sociedade Ximnástica de Pontevedra foi o clube que mais medallas acadou neste campionato con 23, (19 e 4) seguido do OurenseAtletismo Academia Postal con 18 (6 e 12) en terceira posición o Celta Atletismo con 16, logo o Atletismo Feminino Celta con 13 e quínto o Ría Ferrol con 10 medallas. Resultados Cadro medallistas Fotos: Flor Currás – Nacho Rego

Compartir: