Campionatos Galegos Junior,Promesa e absoluto de Campo a trav�s – I Cros de Ribadavia

Ribadavia será a sede do Campionato Galego Absoluto, Promesa e Junior de Campo a través.
A capital do Ribeiro xa foi sede fai menos dun ano dunha gran cita atlética, o Campionato de España nas categorías de veteranos, e agora acollerá a cita galega individual e por equipos que onte foi presentado no salón de plenos do Concello de Ribadavia ante os medios de comunicación con asistencia do Presidente da FGA, Don Isidoro Hornillos, o Alcalde Don Marcos Blanco e o Concelleiro Don Anxo Collarte.
A festa deportiva comezará ás 11,00, coa proba júnior feminina, na que as atletas deberán cubrir unha distancia de 5.000 metros. Ás 11,40 horas porase en marcha a carreira júnior masculina (7.000 metros). 35 minutos despois saltarán a escena os participantes na sénior e promesa masculina (11.000 metros), e pechará a xornada a carreira sénior e promesa feminina (7.000 metros).
O Campionato Galego clasificará aos Clubs galegos que asistirán ao Campionato Nacional de Clubs que se celebrará o día 13 de febreiro en- Huelva. Servirá, ademais para configurar a selección galega que tomará parte no Campionato Nacional e por Federacións que se celebrará o día 27 de febreiro en Haro (Rioxa). O Campionato Galego de Campo a través é a proba atlética máis antiga de cantas se celebran en Galicia; a súa antigüidade remóntase ao ano 1916 (Vigo). Esta será a LXXVI edición en homes e a XLIV en mulleres UBICACION CIRCUITO

Atletas inscritos: AlfabeticoClubes Historial CircularCircuito

Foto: Marta Fernández Otero, actual campiona galega

Compartir: