Os mellores lanzadores no II Torneo de Lanzamentos

O II Torneo de lanzamentos, que organiza este sábado día 13 o Club de Atletismo Poio no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, terá a parte dos mellores especialistas nacionais absolutos. Gustavo Dacal (xavelina), competirá con representantes de Méjico e Portugal. Isaac Vicente (martelo), está en condicións de mellorar o Record Galego pasando os 70 metros. Victor Galego (disco), terá como rival ao multicampeón galego Martín Brea.
Ás 10.30 horas coa proba de martelo mixto, veremos en acción a mozos lanzadores que optan a podio no nacional da súa categoría. Santiago Navarro e Luís González deben manter un bonito duelo por encima dos 50 metros. Na proba haberá representantes lusos tamén.
O martelo feminino reúne ás mellores especialistas galegas capitaneadas por Sara Arousa, que terá serias rivais do norte de Portugal.
A colaboración do Concello de Poio, Supermercados Fríos e J.L. Saavedra S.L. reformas en xeral., permitirá que os vencedores en cada categoría reciban unha medalla alegórica, e os das probas absolutas un magnífico lote de produtos galegos. Este novo detalle, tivo unha moi boa acollida a pasada edición, motivando á organización ha esforzar se en mantelo.
A última proba da xornada será o lanzamento de xavelina ás 13.00 horas. O actual Campión de España Gustavo Dacal, aínda que non anda fino, pois está preparado o Campionato de Europa (Barcelona finais de Xullo), non deberá ter problemas para demostrar porque posúe dez títulos Nacionais.
Os afeccionados aos lanzamentos, e ao atletismo en xeral, poderán gozar dunha das mellores ocasións para ver atletismo de nivel no Estadio. Todo o mundo está invitado a ver gratis o Torneo de Lanzamentos nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.Horario

Compartir: