Resultados

Arrinca o Plan Galego de Tecnificación Atlética neste 2022

Comezan neste 2022 as distintas actividades e accións do Plan Galego de Técnificación Atlética da man do sector de valos.

Así, a proposta do seu responsable Vicente Veiga, convócarase nas vindeiras datas no Estadio do INEF Galicia de Bastigueiro a un total de 22 atletas das categorías Sub16 e Sub18

A finalidade das mesmas é a de estabrecer un seguimento directo de todos aqueles atletas que polos seus rexistros e capacidades amosen unhas especiais condicións para este sector.

Especial atención ás adestradoras e adestradores

De igual modo a convocatoria, que está aberta tanto aos técnicos/as dos convocados e convacadas como aos demáis adestradores que desexen asistir, pretende ser aproveitada para intercambiar aspectos e impresións de maneira individual e conxunta, e para desenvolver unha charla técnica  sobre o ¨Adestramento do ritmo e a resistencia específica na tempada ó aire libre¨ co obxectivo de debater e analizar diferentes metodoloxías e perspectivas no adestramento das especialidades de valos.

Compartir: