Continuando co Plan Galego de Tecnificación Atlética, e a proposta do Responsable do Sector de Marcha da FGA, Carlos Morales, convócase a un total de 35 atletas a tomar parte na Concentración de Nadal do Sector de Marcha que se desenvolverá en Pontevedra os días 2 ó 5 de xaneiro na Cidade Infantil (Residencia Príncipe Felipe)
A esta concentración están convocados marchadores das categorías Sub16 e Sub20, poidendo acudir os adestradores persoais de cada atleta previo contacto co responsable da concentración no correo: carlosgangasmorales@gmail.com
Coma ven sendo habitual neste tipo de xornadas técnicas, simultanearase as sesións de adestramentos cas distintas charlas informativas que sobre a especialidade se impartirán por especialistas.
Lembramos que compre confirmar a asistencia antes do venres 29 de decembro as 12.00 horas no seguinte formulario.