Como informamos no seu día a través das nosas Delegacións o pasado día 23 de outubro, o día 15 de decembro remata o prazo de presentación da documentación para acadar a autorización de probas deportivas nas vías públicas.
No mes de maio aprobaríase o cambio da normativa de autorización das probas de ruta na que lembramos, eran os organizadores – ata ese instante- quenes remitían o documento de autorización da Federación Galega á Xunta. Cos novos cambios preséntanse dúas casuísticas:
- Probas que NON afecten á Rede da DGT: Continúase co precedemento anterior.
- Probas que SI afectan á Rede da DGT: Os organizadores deben remitir á FGA o documento “Comunicación para o calendario de eventos deportivos” que se enviará á DGT e cuio modelo adxuntamos.
É por tanto, con este novo regulamento, obrigatoriedade da Federación comunicar á DGT as probas deportivas.
O prazo de presentación para as probas do ano 2018 remata o día 15 de decembro de 2017. Toda comunicación que non teña sido enviada á DGT non poderá contar ca pertinente autorización, e por tanto dende esta Federación, non se poderán calendar nin autorizar as competicións que afecten a Rede de Estradas da DGT.