Éxito completo na celebración da 3ª Xornada de lanzamentos en Vila Nova de
Cerveira, cun centenar de participantes e gran nivel competitivo. Cada vez son máis os lanzadores galegos que non dubidan en aproveitar as convocatorias e achéganse a Vila Nova. Por unha vez, a
choiva non apagou a festa e o numeroso público gozo do espectáculo.
Nesta ocasión, cun invitado de luxo, Javier Cienfuegos, que lanzou o martillo de 7.260kg a 72.18m, mellor marca española do ano, e récord das instalacións de Lovelhe. A emoción púxoa Isaac Vicente,
que competiu con garra buscando nivelar o concurso e foise aos 69.37m, a menos dun metro do récord galego, marca meritoria tendo en conta as condicións de adestramento padecidas nos últimos
meses.
E como sempre, nomes como Pablo Denís, Víctor Galego, Pablo Castro, Sergio Paredes, Martín Liste, Luís González, Óscar Broullón, Gonzalo Brotóns, Angeles Filgueira, Lidia Fernández, Fernando
Paredes e outros tantos que se sumaron a moitos atletas portugueses de calidade como Daniela Paço, Mª Joao Rodrigues ou Joao Venade, facendo da xornada un éxito, grazas tamén á excelente
organización e desenvolvemento por parte do equipo de técnicos e xuíces da Asociación de Atletismo de Viana do Castelo.
Algúns destes atletas estarán a próxima semana no nacional de lanzamentos longos en León, ou no seu homóloga Taça de Portugal, e aí decidirase a selección española para a Copa de Europa de Leiría
(15/16 marzo Resultados