Resultados

Pedro Nimo, favorito na Carreira Pedestre de Santiago

O último domingo de outubro, como vén sendo tradicional, darase o pistoletazo de saída á trixésimo cuarta edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo Grupo Correo Galego A cita máis importante do atletismo popular galego, que reúne preto de 7.000 persoas todos os anos, terá a súa saída na Avenida de Xoán XXIII, e a súa chegada na emblemática praza do Obradoiro, o próximo 30 de outubro. E que consta de 12 quilómetros, preséntase máis rifada que nunca ante a ausencia dos atletas africanos. Con cinco mil inscritos -2.891 adultos e 2.100 escolares- son os que se darán cita no evento, e o gran favorito é o compostelán Pedro Nimo, quen aspira a colocar no palmarés desta carreira o nome doutro santiagués,despois da vitoria na praza do Obradoiro de Javier Fernández Feijóo (1983 e 1984) e Manuel García Gendra (1987). Nimo vén de lograr a mínima olímpica tras unha gran marca no maratón de Berlín.
Ademais, o atleta internacional espera tamén acabar coa hexemonía africana. xa que o último triunfo galego e español foi o do vigués Carlos Adán no ano 2000. Para iso terá que superar ao marroquí Hassan Lekhili (que xa demostrou a pasada semana estar nun gran momento de forma ao gañar a carreira Vigo 11 Trofeo O Corte Inglés -proba da que se retirou Nimo cando ambos ían na cabeza-) e aos atletas portugueses que sempre ofreceron un gran nivel na proba compostelá. Outros rivais que tamén tentarán pór as cousas difíciles ao gran favorito son os galegos Gustavo Platas, Elías Domínguez e Iván Iglesias Con respecto á categoría feminina, a corredora con máis opcións de vitoria e Solange Andreia Pereira, que foi cuarta na pasada edición e que tamén venceu en Vigo o pasado domingo, aínda que Patricia Mendes pode facerlle fronte nas rúas compostelás. Polo que se refire á participación galega, destacan as veteranas Soledad Castro e Esther Pedrosa.
Mais información Regulamento
Cronica o Correo Galego

Compartir: