Esta fin de semana resultaría moi especial para o atletismo galego, xa que o pasado sábado cumplíronse cen anos da súa constitución coincidindo ca celebración da súa Asemblea Xeral Ordinaria.
Si todo esto acontecía o sábado, no domingo as pistas do CGTD de Potevedra volverían ser sede da disputa dos Campionatos de Galicia de Pentathlon de lanzamentos máster así como a do Campionato de Galicia de Fondo e Medio Fondo para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14
No concurso de lanzamentos máster o máis salientable sería a participación do atleta M80 do ADAS Proinor José Manuel Almudi Martínez. O ¨patriarca´ da fantástica saga de lanzadores, sumaría nada menos seis récords galegos (martelo, peso, disco, xavelina, martelo pesado así como o concurso xeral de Pentathlon de lanzamentos da súa categoría) converténdose no gran protagonista da xornada. Tamén resultaría salientable o récord galego F50 de Marta Sureda do Lucus caixa Rural Galega nesta última mesma modalidade cun total de 2.747 puntos.
Os gañadores por categorías serían as/os seguintes:
- F35-45. Elisabeth Oya do Comesaña S.C. 2092 p.
- M40-45. Javier Cid do ADAS Proinor con 3209 puntos,
- M50-55. Xulio Ventín da Gimnástica con 3237
- F50. Marta Sureda do Lucus CRG con 2747 p (RG)
- F60. Ana Abuín da Atlética A Silva con 2.883 p.
- M60.Carlos Ferrer do Atletismo Narón con 3281 p.
- M70. Manuel Rodríguez do R.C.Celta 2665 p.
- M80. José Almudí Martínez do ADAS Proinor 3136 p.(RG)
No tocante ao Campionato de Galicia para as probas de fondo e medio fondo, resultaron de igual modo gañadores/as os seguintes atletas:
Categoría Sub10
- 500 m. Emma Collazo do Vila de Cangas con 1:34.26 e Miguel Diz do Ría de Foz con 1:35.99
- 1.000 m. Lena Curras do Vila de Cangas con 3:44.84 e Samuel Pérez da Atlética Lucense con 3:41.39
Categoría Sub12
- 500 m. Alma Bello de A Silva con 1:26.52 e Juan Sieira do At. Negreira con 1:25.11
- 1.000 m. Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá con 3:20.39 e Pablo Barreiro do Pinarium con 3:10.18
Categoría Sub14
- 500 m. Yael Boo do Barbanza con 1:23.54 e Javier Picos do Marineda con 1:18.01
- 1.000 m. Jimena Outes do Coruña Comarca con 3:07.91 e Adrián Pérez da Atlética Lucense con 2:57.13
- 2.000 m. Sabela Castelo do Vila de Cangas con 6:48.03 e Alex Sierpres do Trega con 6:17.06
Na foto, José Manuel Almudí (esquerda) e Manuel Rodríguez (dereita) campións galegos na categoría M80 e M70 respectivamente.