Resultados

GP Atletismo Festas de Ourense

O Club Deportivo AURUM e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo, organizan o sábado, 22 de xuño de 2013, nas pistas do Campus Universitario de “As Lagoas”, o Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense 2013.
Disputaranse dúas xornadas, unha de mañá para as categorías benxamín, alevín e infantil e unha xornada de tarde para todas as categorías.
Na Xornada de mañá entregarase medalla os tres mellores resultados de cada unha das probas que se programan no horario de competición.
Na Xornada de Tarde entregarase Trofeo o Vencedor de cada unha das probas que se programan no horario de competición. Asemade entregaranse un cheque por valor de 200€ a mellor marca masculina e feminina por tabla IAAF. Regulamento

Compartir: