LigazónTodo a punto para a disputa da XXXV Carreira Pedestre Popular de Santiago afronta a súa última xornada de inscricións despois de
repartir máis de 2.200 números entre escolares e máis de 3.000 entre adultos, o que parece indicar que se superará a cifra de participantes da pasada edición, que se aproximou aos seis mil
atletas.
A proba terá lugar o próximo domingo, 28 de outubro, con saída dende a avenida de Xoán XXIII a partir das 10.00 horas para os adultos e ás 11.30 horas para os escolares. Nesta ocasión preséntase
unha novidade xa que os corredores indican o tempo en que estiman que chegarán á meta da praza do Obradoiro, en función do cal, se lles asignará un número dunha cor determinada que se debe
corresponder coa cor da zona dende a que terá que tomar a saída. Así, os mellores sairán dende as filas dianteiras sen que ningún atleta interrompa a súa marcha e a carreira estirarase xa dende os
seus primeiros compases.
A organización repartirá 14.000 euros en premios nunha proba na que os grandes favoritos son o gañador do ano pasado Hassan Lekhili, o arzuano Lolo Penas, e o campión galego de dez quilómetros en
ruta, Alejandro Fernández. Regulamento