Campionato Galego Xuvenil en Cangas e Provinciais Escolares en Vigo,Ourense e Rivera

Celébrase o domingo en Cangas o Campionato Galego xuvenil e Campionato Galego de 5 e 10 km marcha. Entre os atletas xuvenís inscritos destacamos a Mauro Triana mellor marca galega da categoría en 200 m.l con 22.44, nos 400 m.l disputada será a vitoria entre os 3 primeiros a priori favoritos: Mario Becerra, Juan José Del Rio e David Maquieira os tres por debaixo dos 52 segundos este ano. Nos 800 m.l, proba con numerosa participación, o favorito á vitoria é Miguel Otero único atleta que a dia de hoxe logrou baixar dos dous minutos. Nos 110 metros valos o favorito é Miguel Perez que posúe unha marca de 14.71. En saltos este mismo atleta, Miguel Perez, Anxo Blanco e Pablo Modia en altura, triplo e lonxitude parecen a priori os favoritos á medalla de ouro. En canto aos lanzamentos competirán homes importantes como Pablo Castro en peso e Martin Liste. En canto ás mulleres como é habitual Patricia Carballo é a favorita nas probas de velocidade, 100 e 200, nos 400 m.l espérase unha carreira disputada entre Aida Amoedo, actual mellor marca, Eugenia Gil e Belen González. Nos 3000 m.l nunha proba con pouca participación teremos a oportunidade de ver a Carmela Cardama e Sandra Rodriguez pelexar polo triunfo. En canto aos saltos espéranse 2 probas de nivel con Ana Peleteiro e Marta Lolo inscritas en ambas as dúas probas. Atletas inscritosCircular Campionato

Campionatos Provinciais
LigazónTres campionatos provinciais escolares se celebrarn este fin de semana de onde sairán os atletas que se clasifican para o Galego.
Vigo acolle o provincial Infantil, quedando para proximas datas a categoria Benxamin e Alevín
Ourense e Riveira celebran os seus provinciais con elprograma completo de Benxamin, Alevín e Infantil
Horarios: VigoOurenseRiveira Atletas inscritos: VigoOurenseRiveira

Compartir: