Resultados

Domingo de Campionatos Galegos

A Coruña e Vigo acollen este domingo os campionatos galegos Juvenil,Junior e Promesa de pista cuberta e o Galego de Lanzamentos longos:
Nas “reformadas” pistas do Pazo dos Deportes da Coruña daranse cita as categorias xuvenís, júnior e promesa de pista cuberta.
Os atletas das categorias xuvenís e júniors intentasen logran márcaas minima esixida pola RFEA para tomar nos Nacionais a celebrar en Valencia e San Sebastian no próximo mes de Maio – Atletas inscritosNovo Horario


CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

A do domingo en Balaídos será a segunda edición do Campionato galego de lanzamentos longos, coa presenza de varios dos lanzadores máis destacados do panorama nacional.
As probas de martelo masculino(13.30) e xavelina masculina(17.15) serán sen dúbida o prato forte, xa que contan cun plantel de inscritos de gran nivel, que buscarán o pase ás distintas competicións que quedan por disputar, o nacional de Aguilas do 10 de marzo, e a Copa de Europa de lanzamentos en Montenegro unha semana despois.
Lanzando o martelo Galicia é unha potencia, con moitos atletas por enriba dos cincuenta metros, situados entre os primeiros do ranking nacional. Lidéraos Isaac Vicente(ADM), vixente campión nacional absoluto, seguido de Pablo Denís(ADM), subcampión promesa, Nacho Fernández(OAAP), David Rocha(SGP), Carlos Almudí (BURG),…
O mesmo pode dicirse da xavelina; a cita contará con Gustavo Dacal (SGP), dez veces campión de España, pero hai que destacar que entre os participantes hai catro finalistas do pasado campionato de España absoluto. José Manuel Vila(P.CAST), que obtivo o bronce e encabeza a lista nacional con 70 metros, Jesus Crossa, e Manuel Uriz(OAAP) e Borja Barbeito(P.CAST), campión e subcampión promesa 2011 aos que se suma o mexicano José Lagunés, que vén de lanzar 73 m, en Pontevedra o domingo pasado e un veterano de luxo, Luís Nogueira. (ADAS)
Víctor Gallego(SGP) será o referente en lanzamento de disco. Acaba de facer a mellor marca galega en peso, pero renunciou ao nacional baixo teito e estará a competir na súa especialidade, na que o ano pasado se meteu como finalista no absoluto nacional.
Entre as mulleres, é de esperar que o mellor rexistro corresponda a Sara Arosa(CAFC) en lanzamento de martelo. En disco, Mª José Sanromán(SGP), e en xavelina, Angeles Filgueira(SGP).. Atletas inscritosCircular

Compartir: