Resultados

IV Torneo de Lanzamentos en Pontevedra

O IV Torneo de lanzamentos, que organiza este domingo día 19 o Club de Atletismo Poio no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, reunirá varios dos mellores especialistas nas distintas modalidades de lanzamentos. Cunhas mínimas de participación equiparables aos nacionais, será o escenario onde poderemos ver campións nacionais e estranxeiros nas diferentes disciplinas de lanzamentos. O evento conta coa colaboración do Concello de Poio, Supermercados Froiz e Peixes Ana-Cris.
Gustavo Dacal, deca-campión nacional de xavelina, comprobará a marcha do seu traballo de cara ás importantes citas desta tempada, sendo o seu obxectivo principal os JJOO de Londres. Como rivais terá o Campión de México José Lagunes Beyrut, asentado en Pontevedra para intentar conseguir tamén billete para as Olimpíadas. Presenza doutro lanzador a considerar, o jóven canario Jesús Crossa Lorenzo, internacional júnior e promesa, con varios Campionatos de España, que está a buscar meterse entre os grandes da especialidade.
O vixente campión nacional de martelo, Isaac Vicente, intentará volver superar os 70 metros, e achegarse a eses 74 m que lle darían o pase olímpico. O bo nivel do concurso está garantidos con Pablo Denís, subcampión promesa e Nacho Fernández, todos eles habituais dos campionatos absolutos nacionais.
Entre os máis novos, destaca Belén Toimil, que busca a mínima para o mundial Júnior e que acaba de mellorar os records galegos de peso e disco, con total solvencia, acreditando un grande inicio de tempada e unha magnífica progresión. Maís información

Compartir: