O vindeiro sábado 7 de maio celebrarase na localidade de Arca-Pedrouzo a 8ª
edición da Carreira Pedestre do Concello de O Pino, unha celebre popular galega que sempre reúne as/os mellores atletas galegas/os de fondo e a centos de atletas populares de Galicia é que terá de
novo unha dura rivalidade para a victoria final.
Lolo Penas destacou como o vencedor das 7 anteriores edicións, dado que
sempre a considerou “a proba da casa” debido a cercanía do seu lugar natal (Arzúa); pero son moitos os nomes propios que escribiron o palmarés da proba, tales como o propio Lolo Penas, Elsa Marisa
Barros, Pedro Nimo, María Abel. María Jesús Gestido, Robertas Geralavicius, Rocío Rodríguez, Elías Domínguez, Iván Iglesias, Margarita Pérez, Daniel Bargiela, Manuel Hurtado, Paula Mayobre ou Suso
de la Fuente entre outros.
O xoves rematará o prazo de inscrición desta carreira que poderán realizar na páxina web www.turesultado.es onde tamén poderán consultar o seu regulamento