Resultados

I Circuíto Galego de Atletismo en pista

O domingo 24 estréase nas pistas de Monterrei, en Pereiro de Aguiar (Ourense) o I Circuíto galego de Atletismo en pista, que recibiu moi boa acollida por parte de atletas e adestradores. Será a primeira xornada dun total de cinco, a disputar o 24 de abril, 7 e 28 de maio e 9 e 23 de xullo, coincidindo a última co Campionato galego absoluto, ao que é imprescindible acudir para validar as anteriores actuacións.
O obxectivo é conseguir unha competición de calidade, na que os mellores especialistas de cada sector -carreiras, saltos e lanzamentos- optarán aos premios en metálico segundo a puntuación obtida por táboa internacional. Está aberta a atletas de cadete a senior e ata veteranos que acrediten as mínimas esixidas e supón unha nova oportunidade para competir a bo nivel buscando marcas persoais sen saír de Galicia Atletas inscritosHorario

Compartir: