LigazónA FGA incorporou hoxe a súa páxina web unha nova ferramenta que será de gran utilidade para todolos atletas populares de Galicia. Trátase da Guía das Carreiras Populares de Galicia,(dispoñible na sección da dereita da páxina web) unha guía que ten como obxectivo incorporar nun único manual todolos datos importantes das carreiras populares celebradas por toda a xeografía galega e que están incluidas no Calendario Oficial da FGA. A Guía actualizarase con nova información sobre carreiras populares o día 1 dos meses de setembro, decembro, marzo e xuño. O atleta popular poderá consultar a través desta guía, os datos relativos a: distancia da carreira, categorías, premios, sistema de cronometraxe, existencia ou ausencia de servicios extras para os participantes (agasallos, xantar, etc.) e ata un informe meteorolóxico orientativo. Tódolos organizadores que desexen incluir o seu evento nesta importante guía poden enviar un email a secgeneral@fgatletismo.com para solicitar máis información. Asemade lembramos que a FGA ofrece a todolos organizadores de carreiras incluidas no calendario oficial unha plataforma online de inscricións gratuita, ademais duns prezos especiais en diversos productos para carreiras (camisetas, dorsais, imperdibles, seguros, ambulancia, megafonía, etc.) froito de convenios con distintas empresas, e asegurando uns prezos moi competitivos. (Pincha aquí para descargar a Guía das Carreiras Populares de Galcia)