Vilagarcía e Narón organizan este fin de semana dúas carreiras populares

Interesante carreira popular este sábado no Concello de Vilagarcía. Nestas noites calurosas que está a vivir Galicia e ao marxe da opción de acudir a unha terraza de verán, os atletas galegos poden tamén disfrutar da disputa dunha carreira popular nocturna, así o Concello de Vilagarcía celebra a partir das 21:00 horas deste sábado 31 a súa VII Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía, con 12 categorías establecidas e distancias de percorrido que versan dende os 100 metros para os mais pequenos ata os 8 kilómetros. Ademais existen importantes premios en metálico para os primeiros clasificados. Mais información sobre este evento (Click Aquí).

Na tarde do domingo 1 de agosto,a cita está en Narón, ca celebración da Carreira ao Castro de Eiravedra, proba de carácter popular organizada polo Concello de Narón. O evento tamén conta con numerosas categorías e distancias. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e medallas para os pequenos. Mais información sobre este evento (Click Aquí)

Compartir: