Campionatos Galegos Junior – Promesa e Xuvenil de 5000 metros

O estadio da Malata de Ferrol, será o escenario o vindeiro domingo dia 5 da disputa do Campionato Galego Junior e Promesa asi como do Xuvenil de 5000 metros.
No citado campionato daranse cita os mellores atletas de ambas as categorías
Homes
Os atletas destacados nesta cita son: Denis Galan e Carlos Iglesias en vallas, Samuel Paz e Enrique Prego en velocidade, Santiago Garcia e David Gonzalez no medio fondo.En saltos José A. Palomanes estara presente en lonxitude e triplo, Santiago Ferrer en pértega. En lanzamentos Aaron Soto en peso, Victor Roman en disco, Borja Barbeito en Xavelina e Pablo Denis en martelo.
Mulleres
Iria Martinez e Korai Bures en velocidade, Leticia Fernandez en 1500, Iria Abelleira en lonxitude, Lucia Pérez en triplo e Desiree Rodriguez en pértega en salto. En lanzamentos Natalia Liste en xavelina, Sara Arousa en martelo son os favoritos para lograr ou campionato.
IMPORTANTE
No Cto junior-promesa permitirase a participación a atletas fóra de concurso, sempre que exista praza, baixo estes criterios:
Velocidade e valos (sen variar a altura) con menos de 8 participantes, ata un total de 8 participantes (cubrir rúas) por proba.
Concursos con menos de 8 participantes, ata un total de 8 participantes por concurso.
Medio fondo, fondo e marcha con menos de 15 participantes, ata un total de 15 participantes por proba.
Criterio de selección de atletas fóra de concurso: mellores marcas.
Cambio de horario
A proba de altura mulleres que estaba anunciada para as 12,40, pasa a celebrarse ás 13,30 horas.
Atletas inscritos: Pruebasclubes Horario-entrega Medallas

Compartir: