Intenso fin de semana atlético ca disputa de 4 campionatos galegos. Ourense e A Coruña serán as sedes

O domingo 17 celebraranse catro campionatos galegos. O circuito de Monterrei en Ourense acollerá o Campionato Galego de cross corto, o Campionato Galego de campo a través cadete e xuvenil individual e por clubes e o Memorial Alejandro Lorenzo. Espérase unha gran participación e deste campionato saerán os equipos que participarán no Campionato de España de campo a través por clubes. A Delegación da FGA en Ourense , que xa conta con moita experiencia na organización deste evento, asumirá unha tempada mais a xestión deste campionato. Cadete-Xuvenil-Cross corto Cross Alejandro Lorenzo CIRCUITO TRIPTICO

Por outra banda, en Coruña, celebrarase o Campionato Galego de inverno junior e promesa, agás as probas de 1500 e 3000 m.l. promesa. Este evento que estaba previsto para o pazo de deportes de Riazor viuse modificado por mor da folga de traballadores de instalacións deportivas e se disputará ao longo do domingo no estadio de Elviña. Tamén celebrarase en Elviña un control de marcas aberto a todolos atletas absolutos. Clubes Pruebas Horario

O domingo 17 celebraranse catro campionatos galegos. O circuito de Monterrei en Ourense acollerá o Campionato Galego de cross corto, o Campionato Galego de campo a través cadete e xuvenil individual e por clubes e o Memorial Alejandro Lorenzo. Espérase unha gran participación e deste campionato saerán os equipos que participarán no Campionato de España de campo a través por clubes. A Delegación da FGA en Ourense , que xa conta con moita experiencia na organización deste evento, asumirá unha tempada mais a xestión deste campionato.

Por outra banda, en Coruña, celebrarase o Campionato Galego de inverno junior e promesa, agás as probas de 1500 e 3000 m.l. promesa. Este evento que estaba previsto para o pazo de deportes de Riazor viuse modificado por mor da folga de traballadores de instalacións deportivas e se disputará ao longo do domingo no estadio de Elviña. Tamén celebrarase en Elviña un control de marcas aberto a todolos atletas absolutos.

Compartir: