Resultados

Campionato Galego de veterans – I Cross Concello da Pobra

O vindeiro domingo 3 de xaneiro, no circuíto da praia de Cabio – Pobra de Caramiñal- (A Coruña), terá lugar o Campionato Galego de Campo a través de veteranos, homes e mulleres. A organización correrá a cargo do Concello da Pobra, da Agrupación Deportiva do Barbanza e da Delegación de Santiago da FGA. A competición iniciarase ás 11.45 horas (Veteranas/5.500 metros). Ás 12.25 serán os Veteranos M35 e M40 que correrán 7.300 metros e para rematar, ás 13.10 os Veteranos das categorías M45 e seguintes farano sobre unha distancia de 5.500 metros. Haberá unha clasificación individual e outra por equipos. A categorías de menores tamén terá cabida nesta xornada coa disputa do I Cros Concello dá Pobra e as categorías que se celebran son: Benxamín atletas nacidos en loa anos 2001 e 2002; Alevín anos 2000 e 1999;Infantil anos 1998 e 1997 e cadete anos 1996 e 1995. As probas dos nenos daran comezo ás 10,30 horas. Circular GallegoRegulamento Cross A Pobra Circuito Atletas inscritos

Compartir: