Que é o Trail Running?

É correr nunha contorna natural en campo aberto (montañas, desertos, bosques, praias ou chairas) en cuxo percorrido non pode haber máis dun 20% de superficie asfaltada ou pavimentada. O camiño pode ser variado (camiños, carreiros, pistas…) e a ruta debe estar debidamente marcada.

O Trail Running permite unha gran variedade de distancias, desniveis, terreos e paisaxes.

Nas carreiras de Trail Running os corredores deben portar durante a carreira un equipamento mínimo de seguridade e supervivencia, e a condición de que se permita, poderán usar bastóns para progresar nos tramos máis técnicos do percorrido.

A participación nas carreiras levarase a cabo con respecto á ética deportiva, á lealdade, á solidariedade e ó medio ambiente.

A ITRA, International Trail Running Association, estableceu unha clasificación das carreiras en base á distancia e o desnivel.

Trail Running é atletismo


O recoñecemento do Trail Running como nova especialidade atlética produciuse no Congreso da Federación Internacional de Asociacións Atléticas (IAAF) de 2015 celebrado en Pequín. A partir deste recoñecemento, as Federacións Membro da IAAF adquiren a obriga de regular a disciplina do Trail Running nos seus respectivos territorios. A Real Federación Española de Atletismo, como garante da práctica do Atletismo en todas as súas disciplinas en España, ten a responsabilidade de poñer en marcha cantas accións sexan necesarias para o fomento e boa práctica do Trail Running no territorio nacional.

A regulación das carreiras de Trail Running queda recollida no artigo 252 do regulamento da Asociación Internacional de Federacións Atléticas (IAAF).

Desde 2015 os Campionatos do Mundo son auspiciados pola IAAF, disputándose anualmente e, ata a data, unicamente celebráronse en distancias entre os 50 km. e os 85 km.

Nova licenza exclusiva para Ruta – Trail Running


Apaixónate correr? Adestra e compite seguro os 365 días do ano! Dende só 1,7 €/mes.

Benefíciate das vantaxes da nova licenza para Runners e amantes do Trail Running.

  • Para ti que che apaixona correr, sexa por cidade ou pola natureza.
  • Cobertura sanitaria durante os adestramentos.
  • Ademais, a maior cobertura en rescate e salvamento para as túas competicións e adestramentos na montaña, sendeiros, bosques e calquera superficie.
  • Participa e compite tanto en probas de Ruta como de Trail Running.
  • Coa licenza poderás competir gratis, sen pagar ningunha cota, nos Campionatos de Galicia de Ruta (Milla, 5 Km, 10 Km., Medio Maratón e Maratón). Tamén poderás competir gratis no Campionato de Galicia Trail Running e de Montaña.
  • Poderás aspirar a participar coas diferentes Seleccións Galegas.
  • Os teus rexistros, nos circuítos homologados, formarán parte do Ránking de Galicia ou, mesmo, do Ránking de España.

Novas altas de clubs ou atletas independientes en https://licenzas.carreirasgalegas.com.

FAQ


A licenza de Ruta / Trail Running, cóbreme ante calquera lesión ou accidente en adestramentos?
Si. Cobre tanto accidentes, lesións ou posibles rescates que se poidan producir en adestramentos de acordo ás condicións da póliza de seguro.

Que ámbito xeográfico elixo á hora de sacar a miña licenza de Ruta / Trail Running?
Dependerá dos teus obxectivos. A licenza de Ruta / Trail Running contempla catro ámbitos xeográficos diferentes. 1: Autonómico; 2: España, Portugal, Marrocos e Pirineo francés; 3: Europa e Marrocos. 4: Todo o mundo.

¿Canto costa a licenza de Ruta / Trail Running?
No seguinte cadro podes ver os prezos.

Podo ampliar o ámbito de cobertura de seguro da miña licenza de Ruta / Trail Running durante a tempada?
Si, pagando a diferenza correspondente e facendo a tramitación do cambio a través da Federación Galega de Atletismo ou a través do teu Club, sempre que estea rexistrado na Federación Galega de Atletismo.

Se teño a licenza normal de federado/a en atletismo, podo participar en probas de Ruta / Trail Running?
Si. O único é que se corres nun Trail Running, como os custos do posible rescate son máis altos que na ruta, deberías pagar unha pequena cota complementaria para que non asumas riscos.

Coa licenza de Ruta / Trail Running, podo participar en probas doutras especialidades atléticas?
Non. A licenza está contemplada só para as carreiras de Ruta e Trail Running.

Se non dispoño de ningunha licenza podo disputar probas de Ruta / Trail Running do calendario oficial e estar coberto polo seguro?
Si. O único que tes que facer é sacar a licenza de día de Ruta/Trail Running que cóbreche o seguro durante a competición, pero non terás incluídos os accidentes, lesións ou posibles rescates que se poidan producir en adestramentos.

¿Se non quero fichar por ningún club podo facer licenza de Ruta/Trail Running?
Si. Podes facela como atleta independente cos mesmos prezos e coberturas que o resto dos atletas de club.

Descargar PDF da licenza de Trail