Resultados

Ana Peleteiro obtén a medalla de ouro en Turquia con 13,17 metros! Novo record de España xuvenil!

Continuan os éxitos da xoven atleta do Atletismo Barbanza, Ana Peleteiro acaba de facer unha mellor marca de 13,17 (+1,4) metros no Festival Olímpico da Xuventude disputado nestes días en Turquía. Esta marca acredita un novo record de España xuvenil. A atleta superou a atleta francesa Sokhna Galle, actual campiona do mundo da especialidade, que tivo que conformarse cun mellor salto de 13,11 metros. Non da tempo a dixerir tantas boas noticias desta xoven atleta dirixida polo técnico Abelardo Moure. Con esta marca Ana establece un novo record galego xuvenil e xa está mais perto de acadar o record galego absoluto sito en 13,22 metros, o que sen dúbida algunha sería un gran éxito dada a corta idade da atleta. Noraboa!

Compartir: