Resultados

Clasificación provisionaisl do Circuito Galego en pista

A falta do Campionato Galego absoluto, a clasificación provisional do Circuíto Galego en pista é como segue na categoría masculina: No sector de lanzamentos, Isaac Vicente da Agrupación Marathon comanda a clasificación con 980 puntos no martelo. En carreiras lidera o atleta da Coruña Comarca, Rodrigo Avellaneda, xuntamente co velocista do Celta Javier Álvarez, ambolos dous con 887 puntos, Rodrigo nos 100 metros e Javier nos 400 metros. Nos saltos, David Ferrer da Sociedade Ximnástica está primeiro con 838 puntos na lonxitude.

En canto as mulleres, Virginia Villar do Porto Alacante, é a primeira no sector de carreiras con 1.032 puntos nos 100 metros valados; ; nos saltos está de primeira Leticia Gil do ADAS Proinor, con 895 puntos na lonxitude; ; e Belén Toimil do Afflelou Narón lidera o sector de lanzamentos con 773 puntos no peso.
Tanto Isaac Vicente en homes como Virginia Villar en mulleres son os gañadores provisionais do Circuíto.

Unha vez finalizado ao Campionato Galego publicarase os gañadores e faranse entrega aos vencedores do Circuito dos premios, na proxima Gala Anual do Deporte Galego

Compartir: