Finalizo a Concentracion de Marcha de Veran

Desde o pasado dia 14 un grupo de marchadores estiveron concentrados convidados pola FGA.
O bo ambiente reinante foi o denominador comun da concentración, baixo a dirección do Director da Escola Galega de Marcha, Santiago Pérez.
Asistiron un bo grupo de atletas que destacan nesta disciplina atletica.e onde os adestradores Jose A. Pardal, Juan L. Ramilo, José Fernández, Carlos Melchor e Laura Ferreiro, departiron con eles, diversos aspectos tecnicos nesta dura disciplina.
Todos os atletas que asistiron á concentración tomarán parte na III Xonada do Circuíto Galego de Marcha. Memorial Josefina Romeu que se celebra no dia de hoxe na localidade pontevedresa de Cangas.

Compartir: