O saltador do Ourense Academia Postal Alfonso Palomanes non puido lograr o
seu obxectivo de clasificarse para a final da proba de triplo salto do Campionato de Europa Sub-23, que se está disputando en Ostrava (República Checa). Alfonso só puido alcanzar a sexta posición
no grupo B de clasificación , cun mellor intento de 15,28 metros, facendo os dous primeiro nulos do tres posibles.
O campión galego quedou a 30 cm,. de entrar na final, para iso tendria que achegarse á marca que recentemente saltou na Nacional Promesa de 15,64 metros.