Excelente noticia para Rodrigo Avellaneda do Coruña Comarca que foi Seleccionado
pola RFEA para a disputa do Campionato de Europa Junior, que se celebrará en Tallín (Estonia) do 21 ao 24 de Xullo.
O atleta herculino, adestrado por Jose Carlos Tuñas, ve premiada a súa traxectoria atletica, e compensada a súa gran tempada.
Rodrigo, formará parte do cuarteto de 4 x 100 metros, e será o único atleta galego neste Campionato.
O velocista coruñés, ten acreditados na presente tempada 10.85 en 100 e 21.81 en 200, magoa que en pasado Campionato de España Junior os seus 21.35 en 200 fose invalidado polo vento de 2,3
Desde a FGA dámoslles o parabén