Resultados

O lanzador de xavelina coruñés, Necho Fernández, viaxa a Sacramento (EEUU), para participar no Campionato do Mundo de Veteranos

O veterano atleta herculino, tras proclamarse recentemente Campión de España da especialidade na localidade murciana de Aguias, parte hoxe sábado 9 de xullo cara á cidade californiana de Sacramento, para participar no “World Masters Athletics”, cita veterana mundialista, que se desenvolve do 6 ao 17 de xullo.
A participación de “Necho” arrincará o vindeiro martes día 12 de xullo, coa disputa da cualificación, e onde tratará de facerse cun dos postos que den acceso á final, cita programada para as 09:55 (hora local), do día seguinte.
O xavelinista coruñés non debería ter problemas para acceder á final do día 13, onde terá que medir fronte a lanzadores de países nórdicos, centroeuropeos e americanos, habituais dominadores da especialidade, e sen descartar nunca algunha sorpresa que poida vir do continente asiático. E unha vez na final, o seu obxectivo será tratar de atacar a barreira dos 70 metros, distancia contorna á que probablemente se repartirán os metais.

Compartir: