Primeira gran alegría na expedición española que esta participando no Campeonao
do Mundo Xuvenil de Lille. Ana Peleteiro logrou a medalla de bronce en triplo cun mellor salto de 12.92, mesma mearca que a cuarta clasificada, a rusa Vitoria Leonova, pero con mellor segundo salto
para a española. A discípula de Abelardo Moure, do club Atlético Barbanza leva unha tempada impecable: tres mellores marcas españolas da categoría, campioa de España e agora esta medalla
internacional.
Doutra banda, Gonzalo Basconcelo clasificouse 11º na final de 2.000m obstáculos cun rexistro de 6.00.24, lonxe do seu mellor marca de semifinais 5.50.03.