A Real Federación Española de Atletismo convocou a dous atletas galegos para a Selección Nacional que disputará o Campionato de Europa sub´23 a
celebrar en Ostrava (CZE) como son o actual campión de España Promesa de xavelina, Manuel Uriz Corral, asi como ao triplista Alfonso Palomanes Martinez.
Tamén foi seleccionada para os 1500 metros, a atleta canaria afincada en Cangas, Solange Pereira (Forteventura) actual campioa de España da distancia.
Desde a FGA dámoslles o parabén pola citación e a boa tempada que veñen realizando