Xa temos as primeiras boas noticias no Campionato Mundial Xuvenil, Gonzalo Basconcelo clasificouse para a final dos 2000 metros obstáculos, obtivo a 5ª praza na segunda serie cun excelente tempo de 5´50´03, o que supón un novo record galego da categoría, o anterior databa do ano 1961. Por outra banda Ana Peleteiro tamén se clasificou na proba de triple salto obtendo un rexistro no primer intento de 13,02 m. A final destas dúas probas será o 8 de xullo. Non tivo tanta sorte Belén Toimil, a lanzadora galega tivo que conformarse cun mellor rexistro de 12´87 metros, marca que non da opción ao pase para á final.