Campionato de España Promesa: 1 Ouro (Manuel Uriz) 4 pratas (Borja Barbeito,Pablo Denis, Lucia Pérez y Alfonso Palomanes) 2 Bronces (Leticia Gil y Santiago Ferrer)

Ultima Hora: Gran comezo de ,os galegos no campionato de España Promesa que se celebra en Andujar, e Manuel Uriz demostrou desde o primeiro lanzamento que resultaria o gran dominador da proba de xavelina ao lanzar 70,85 metros que ao cabo lle daria o titulo de Campeónm e ractifica o seu dominio no ranking de España da categoria cos seus 72,00 metros realizados durante o encontro dos Xogos do Cantabrico celebrado o pasado mes en Lugo
Tambien gran campionato de Borja Barbeito ao facerse coa medalla de prata cunha boa marca de 67,75 metros, logrando o seu mellor marca da tempada.
Gran labor no sector de lanzamentos a cargos dos adestradores e atletas que demostra que Galicia se atopa na elite nacional.
Nesta primeiro xornada atópanse en competición de decathlon Santiago Ferrer, David Ferrer e Telmo Beceiro e Lucia Seijas en Heptathlon.

Xornada de Tarde
Continuan os lanzamentos dando alegrias, e na xornada de tarde unha nova medalla de prata na proba de martelo,
O discipulo da “factoria Hermida”, Pablo Denis cunha marca de 63,57 metros fíxose coa prata, aínda que moi lonxe do “intocable” Javier Cienfuegos que envio o artefacto a 74,26.
Septima posición para Carlos Revuelta cunha marca discreta de 48,95 metros.
Importante inxección de moral para a atleta do Atletismo Feminino Celta, Lucia Pérez Currás , ao facerse coa medalla de prata en triplo co seu mellor marca da tempada con 12,11 metros. Este metal premia todos os insabores de Lucia na tempada e reforza a súa moral para a final de lonxitude de mañá.
Nas semifinais de 400 valos, Samuel Paz se vió obrigado a retirarse debido a unha inportuna lesión, cando tenia moitas opcións de meterse na final

Xornada Domingo:
Ultima xornada do Campionato cunha nova medalla de prata conseguida a cargo de Alfonso Palomanes do Ourense Academia Postal, en triplo salto cun rexistro de 15,64 mellorando en 2 cm. o seu mellor marca da tempada.
Pechouse o campionato con dúas medallas de bronce nas probas de lonxitude mulleres a cargo de Leticia Gil con marca de 5,64 e Santiago Ferrer Alonso en combinadas decathlón cun total de 6237 puntos.
Pequena desilusión nos 5000 metros onde Esther Navarrete e Paula Mayobre non conseguiron repetir as medallas do ano anterior, e tiveron que conformarse coa quinta e sexta praza .
En resumo bo campionato da promesa con total de 7 sete medallas e dous cuartos postos a cargo de Noelia Ferradanes en Martelo, Alba Fernandez en 400v Resultados

Fotos: Flor Currás

Compartir: