Resultados

Campionato de España promesa. Vinte atletas galegos competirán en Andújar

Este fin de semana celebrarase en Andújar (Xaén) o XXV Campionato de España categoría promesa ao que acudirán unha vintena de atletas galegos, dun total de 350 participantes.
Entre os favoritos, os lanzadores volven ser o sector máis representado, con seis atletas e grandes posibilidades de obter metal. Manuel Uriz e Borja Barbeito en xavelina e Pablo Denís en martelo. Candidatos a medalla son tamén Alfonso Palomanes, en triplo salto e Santiago Ferrer en decathlon, proba con maior número de galegos inscritos ao engadir a Telmo Beceiro e David Ferrer.
Das mulleres inscritas, opcións para Esther Navarrete e Paula Mayobre en 5000m; Leticia Gil e Lucía Pérez, en lonxitude (tripla tamén para a céltica) e pola súa boa progresión nas últimas xornadas, Alba Fernández en 400m valos.
Solange Pereira, a atleta con ficha canaria habitual nas pistas galegas, parte unha vez máis como favorita na proba de 1500m

Compartir: