O discóbolo cubano con licenza galega Frank Casañas conseguiu o pasado martes,
durante o transcurso do II Memorial Fernando Ubeda celebrado en Castellón unha marca de 67,18 metros (a súa terceira mellor marca de sempre)
Frank que posúe unha mellor marca de 67,61 en 2008, demostra o seu gran estado de forma na actualidade e que fai albergar moitas esperanzas para a disputa do Campionato do Mundo que se celebra a
finais de agosto en Daegu.