Dous atletas galegos atópanse reflexados na selecta lista de atletas seleccionados pola RFEA para participar no XI Festival Olímpico de la Juventud Europea, evento coordinado polo Comité Olímpico Español e a RFEA que se celebrará os vindeiros días 24 e 29 de xullo na localidade turca de Trabzon. Ana Peleteiro, a atleta do Barbanza está convocada para participar no triple salto e Gonzalo Basconcelo, Real Club Celta de Atletismo, participará nos 2000 metros obstáculos. Dende a FGA desexamos felicitar a estes fantásticos atletas e aos seus respectivos adestradores por este novo éxito.