Tres galegos competiron con España no Campionato de Europa de Seleccións que
se celebrou este fin de semana en Estocolmo.
España conseguiu o seu obxectivo e mantense na maxima categoria do atletismo europeo.
A nivel individual o mellor clasificado do noso atletas correspondeu a discobolo Frank Casañas que logrou a segunda posición cun rexistro de 62,43 facendo unha serie de 56,90/61,41/62,43/61,48., O
discóbolo federado por Galicia rematou por detrás do alemán Robert Harting. Por outra lado a ferrolana Begoña Garrido residente actualmente en Madrid, tamén
participou ca selección neste torneo, participando nos 4×400 metros, obtendo un rexistro o equipo integrado por Bokesa, Rodriguez, Garrido e García dun tempo de3´37´66. Por último,a lucense
Mercedes de Santalo, tamén competiu nesta relevante competición, facendo o disco e acadando unha serie de 49,50/x/48,27 ocupando a 11ª praza. Todos estes atletas, participarán
representando a Galicia no vindeiro Campionato de España de Federacións que terá lugar o sábado día 25 en Zaragoza. Parabéns para estes importantes atletas! (Resultados)