ULTIMA HORA: Dúas novas medallas de ouro para os
galegos no Campionato de España Juvernil a cargo de Belen Toimil en peso con 12,45 facendo dobrete no campionato coa conseguida o sabado en disco e referenda a súa gran tempada.
Gran debut do xuvenil do Real club Celta de atletismo, Gonzalo Basconcelo
que logra proclamarse campión en 2000 Obstaculos cun bo rexistro de 5.56.42 e demostra a gran calidade que atesoura o discipulo de Alfonso Ortega.
Bo campionato da coruñesa Marta Lolo en lonxitude ao lograr a medalla de bronce cun rexistro de 5,46 quedando a 10 cm. do seu mellor marca da tempada, e de Jenny Fernandez cun bo cuarto posto en
1500, mellorar o seu rexistro en 1500 ao facer 4.48.72.Tamén resaltar a Luís Gonzalez Diz do San Narciso nas probas de peso e discon cun bos rexistro de 15,07 e 57,83 logrando en ambas as probas a
cuarta posición
Sobre os demas compoñente galegos resaltar a descualificación na final de 100 valos de Antia Queimaño, despois de clasificarse gañando a súa semifinal cun rexistro de 15.13. Tampouco Iván Maceiras
non puido completar o octathlon ao lesionarse e non presentarse en ultímaa proba de 1000 metros. Resultados