Campionato galego junior e promesa.Roi Avellaneda iguala a mellor marca galega de 200 xunior

Os atletas de categoría junior e promesa participaron o sábado no Campionato galego celebrado nas pistas de Balaídos en Vigo. Aínda que nun principio a tónica dominante foi o escaso número de atletas por proba, pronto quedou eclipsada polo bo ambiente e a competitividade duns mozos que ano tras ano seguen demostrando o seu compromiso co atletismo galego.
Os obxectivos desta xornada pasaban polas medallas do campionato, as mínimas para os nacionais de ambas categorías, a disputa por un posto na selección absoluta ou simplemente o conseguir marca persoal.
Entre os variados rexistros, destacar a mellor marca galega de Rodrigo Avellaneda (COCO) en 200m, con 21.81, igualando a de David Gómez do ano 1999.
O vento influíu nos resultados, xa que invalidou as series de 100m e condicionou os saltos horizontais, nos que destaca a marca de 5.61m en lonxitude de Alicia Merino (LUCUS) e 6.92m de David Ferrer (SGP). Nos concursos, resaltar o martelo, 63.03m para Pablo Denís (Maratón) e 46.46m de Noelia Ferradanes (CAFC), nunha proba na que Sara Arosa, fóra de concurso superou os 50 metros, con 50.09m. Borja Barbeito (CAICS) e Manuel Uriz (UNIJ) protagonizaron o duelo en xavelina con 66.23m e 65.24m respectivamente. Santi Ferrer (SGP) saltou 4.45m en pértega. En altura, Diego Ares, 1.88 e Paula Ferreiros, 1.65m.
Nos valos, Samuel Paz (Narón) correu os 400mv promesa en 53, 63 e Carlos Moro (Riazor) nos junior en 55.15, e o 110mv en 15.29. En mulleres, boa marca no 100mv de Sonia Beceiro (Narón) con 15.16., con -1.6 de vento e de Alba Fernández (OAAP) en 400m valas promesa con 1.04.98. Resultados

Compartir: