Resultados

Bo Campionato Galego Alevin – Benjamin en pista

Bo campionato o celebrado esta mañá nas pistas da Universidade en Santiago onde os benjamin e alevíns gozaron dun bo clima e un gran ambiente nas bancadas.
As carreiras foron as probas mais vistosas debido ao bo nivel presentados polos mais novas promesas do noso deporte.
Destacar as final de 60 metros lisos en alevíns homes onde se deu un dobre vencedor ao determinar os xuíces e observar en repetidas ocasións o vídeo-finih non puideron determinar ao gañador. Dando ouro a Anteneh Agullo do Coruña Comarca e Antón Fernández do Barbanza cun rexistro de 8.63. Anteneth e Anton fixeron dobrete ao vencer en 500 con rexistro de 1.22.96 e Antón en lonxitude con 4,45 metros.Tambien dobrete para Ivan Mingotes do Santiago Apostol ao facerlle cos titulos de 50 e lonxitude con 7.80 e 3,60 metros
En categoria feminina benjamin Ariadna Gil do Vila de Cangas vencio en 50 metros cun bo rexistro de 8.13. e en 1000 metros con 3.46.70.
En alevíns Andrea de Paz do Coruña Comarca fixo dobrete nos 60 con 8.81 e longitude con 4,13 metros .
En resumo bo fin de tempada para os menores e desde a FGA queremos felicitar a todos os participantes polo seu comportamento, entrega e entusiasmo. Resultados

Compartir: