Mañá sábado ás 14:22 horas haberá unha emisión da 10ª entrega do programa sobre atletismo galego producido por esta federación. Este mesmo programa volverá a emitirse na mañá do domingo ás 11:30 horas. Nesta ocasión haberá un especial dos Xogos do Cantábrico, Memorial Ramón Peña, Campionato Galego de veteráns de pista aire libre, ademais dunha reportaxe ao Club Atletismo Ria de Ferrol e o Club Atletismo Alejandro Gómez, entre outros importantes contidos. Se che gusta o atletismo este é o teu programa!