A selección galega acadou hoxe en Lugo o segundo posto nos III Xogos do Cantábrico. Os atletas galegos fixeron unha moi boa actuación neste encontro amistoso entre as 4 autonomías bañadas polo Cantábrico. Salientar o brillante papel desenvolto pola atleta Belén Toimil, atleta do Narón logrou igualar a sua mellorar a súa marca, da categoria xuvenil de peso con 13,69 feito os pasado dia 7 de maio nas mismas pistas.. Boa actuación tamén de Manuel Uriz, que logrou lanzar o artefacto ata os 72.00 metros.Tamén bo rexistro de Lidia Parada na xabalina con 46,56 moi preto de seu record xunior de 46,70 metros Outras atletas destacadas Ana Peleteiro, Elena Estévez, entre outras.. Na vindeira semana emitirase no Programa ·”Citius, Altius, Fortius” un especial ca actuación dos atletas galegos.
A clasificación conxunta estivo dominada pola Selección de Asturias (92-115) con 207 puntos; en segunda posición Galicia (85-106) 191 puntos; terceira Euskadi (92-77,5) 169,5 puntos e cuarta Cantabria (76-44,5) para un toral de 120,5 puntos(Resultados) FOTOS