VII Meeting Iberoamericano de Huelva.Bos resultados para os atletas galegos.

A participación no Meeting Iberoamericano celebrado en Huelva o xoves saldouse cun balance positivo para os atletas galegos invitados. Na maioría dos casos, melloráronse as marcas desta tempada, ao que se engade a satisfacción de competir nun evento que reúne a moitos dos mellores atletas internacionais.
Jean Marie Okutu (SGP) saltou, 7.75m, ocupando o cuarto posto, a só tres cm do segundo. Virginia Villar (Pto Alacante) terminou en sexto lugar en 100m valos, con 14.07, para ambos os mellor rexistro este ano; Isaac Vicente (Marathon) lanzou o martelo a 66.73m, finalizando 8º.
O 1500m tivo a representación máis numerosa. En homes, Víctor Riobó(Pto Alacante) correu en 3.40.14, noveno, e tamén marca da tempada. No 1500m sub-23, Solange Pereira (Forteventura) fixo marca persoal con 4.20.88, e aínda que cuarta, foi a primeira española en cruzar a meta. Tras ela, en décima posición, Leticia Fernández Barbosa (OAAP), rebaixando o seu tempo deste ano a 4.36.88 Resultados

Flor Currás

Compartir: